MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CEBOLIÑA” NO 2017

O Concello de Miño recibiu no ano 2017 unha axuda de 33.071,48 € para a mellora da Escola Infantil Municipal de Miño “A Ceboliña”, ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamentos das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, pola que se realizaron as seguintes obras e adquisicións:

OBRAS DE MELLORA

  • No patio exterior descuberto: Substitución da totalidade do pavimento de caucho en lousas por pavimento de caucho continuo eliminando as xuntas.

  • Nos Paramentos verticais do vestíbulo de acceso e do corredor: Todo o perímetro do corredor e do vestíbulo de acceso revestiuse cun zócalo mediante taboleiro de alta densidade lavable e de fácil limpeza, nunha altura de 1,38 metros e sobre este zócalo aplicouse pintura plástica lisa en colores claros, e nun paramento do vestíbulo revestiuse ata o teito co taboleiro.

ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO

  • 7 estores

  • Equipo de son portátil

  • 4 pavis (alfombras para a aula)

  • Unha mesa de luz

  • Unha televisión de 49 pulgadas

  • Unha televisión de 32 pulgadas

  • Unha cámara de fotos

  • Unha estrutura de papel

  • Unha plastificadora con plásicos

  • Unha guillotina

  • Colocación da antena para as televisións

  • Protectores para os novos radiadores

EFICIENCIA ENERXÉTICA

  • Cambio de radiadores de baixo consumo por acumuladores

  • Cambio de toda a luminaria do centro por paneis LED de baixo consumo

ADQUISICIÓN DE MATERIAL DE NOVAS TECNOLOXÍAS

  • Encerado dixital

  • Ordenador

  • Ordenador portátil

Melloras conseguidas grazas ao apoio financeiro de

Xunta de Galicia

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

mino