MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CEBOLIÑA” NO 2016

O Concello de Miño recibiu no ano 2016 unha axuda de 27.269,38 € para a mellora da Escola Infantil Municipal de Miño “A Ceboliña”, ao abeiro da Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e o equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2016 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, pola que se realizaron as seguintes obras e adquisicións:

OBRAS DE MELLORA

  • No patio exterior descuberto: no valo perimetral do patio exterior cuberto colocouse elemento translúcido coa altura do peche existente, para protexer das correntes de aire aos menores e da entrada de lixo e follas, realizouse unha arqueta e conexión ao rexistro de pluviais existente no lateral do patio para impedir a formación de superficies con pozas no interior do patio e colocáronse dous puntos de luz novos.

  • Nos paramentos verticais das aulas: os paramentos verticais das aulas revestíronse cun zócalo de altura variable cun material lavable e de fácil limpeza “TRESPA” e sobre este zócalo aplicouse unha pintura plástica lisa en cores claras ata o teito.

  • Pavimento dos baños: colocouse un LINÓLEO continuo, con propiedades funxicidas e antibacterianas, así como un grao de rasbaladicidade de clase 2 e cor madeira.

  • Carpinterías: Debido ás filtracións de aire e para mellorar o acondicionamento térmico colocáronse guarnicións entre os paramentos verticais e as fiestras. Colocouse tamén un dispositivo na porta de entrada da gardería para evitar que esta quede aberta. Substitución de dous cubre-radiadores das aulas.

  • Ampliouse o son do timbre para facilitar a escoita do mesmo na aula número 5.

ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO

  • Para a cociña mercouse un forno, unha neveira de maior capacidade e unha placa de inducción de maior tamaño

  • Un armario empotrado

  • Estores aula sensorial

  • 11 camas apilables.

  • 4 valos para delimitar a zona dos bebés na aula mixta

  • 1 contedor grande para cueiros

  • 2 mobles pirámide dobre expositor de libros

  • Teatro decobarrera

  • Cociniña de madeira

  • Carriño de psicomotricidade con accesorios

  • Carriño de 3 cubetas para material de plástica

  • 2 bumbos

  • Obradoiro de madeira

  • 95 Contos

  • Material didáctico

Melloras conseguidas grazas ao apoio financeiro de

Xunta de Galicia

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

mino