Miño celebra as festas de San Pedro

A localidade de Miño celebra desde  hoxe xoves día 28 ata o
vindeiro domingo día 1 xullo as Festas de San Pedro. Esta tradicional festa, que ao longo
dos últimos dous anos correu serio perigo de desaparecer por falta dunha comisión
organizadora, contou co determinante apoio do Concello de Miño co claro obxectivo de
conservar un innegable patrimonio cultural propio.
A programación deseñada polo Concello de Miño a través da Concelleria de Cultura prevé
para o día 28 a partir das 23 horas a actuación da orquestra Os Satelites, sen dúbida un
dos pratos fortes da programación deste ano. Ademais a festa complétase cunha extensa
programación prevista para todo o fin de semana. O venres día 29 haberá pasarrúas do
Grupo de gaitas O Castro a partir das 11.30 horas e unha misa para as 13 horas na que
participarán a rondalla e o coro da ACRD O Castro. Xa pola noite as 21 horas, celebrarase
unha Gran churrasca e a partir das 23 horas comezará a actuación da orquesta Gran
Parada.
O sábado a partir das 18.30 horas comezará a tradicional Cucaña e xa pola noite a partir
das 23 horas tendrá lugar a verbena protagonizada pola orquestra Huracán. O domingo a
partir das 13.30 horas terá luhar unha sesión vermú na praza do Parchís coa actuación de
Duo Deluxe. Pola tarde, xa para cocnluír, celebrarase unha festa infantil.

mino