Miño acolle o mañá Festival esencias Galegas 2018

Miño, 21 de setembro de 2018-. O Concello de Miño acolle este sábado a partir das 17 horas o encontro folclórico de bandas de gaitas e sociedades culturais. Neste evento participarán a Banda de gaitas San Xiao de Trebo, de Cariño, a banda de gaitas oS Sons da Ría, de Noia, e a Banda de Gaitas de San Panteleón. O festival comezará co desfile dos grupos polo centro da localidade de Miño e rematará coa actuación na praza do Parchís de todas as agrupacións. Posteriormente, ás 20 horas celebrarase un concerto na praza Fernando Suerio, no campo da festa de San Panteleón, no Concello de Paderne.

mino