Servizo Municipal de Cultura

Procuramos achegar á cidadanía as distintas expresións culturais como música, o teatro, o cine, a literatura e a pintura, tendo como fin a promoción, a cooperación, a difusión, a animación sociocultural. Ofertamos formación artística a través das nosas Escolas Culturais Municipais de Teatro, Pintura, Encaixe de Bolillos.

Potenciamos actividades nas distintas instalacions socioculturais e o aire libre como son as exposicions, as representacions teatrais, as proxecións cinematográficas, os concertos musicais, os títeres.Baixo o oxetivo de allegar e difundir o gusto polos libros e a lectura entre toda a poboación miñense.

Contamos cun amplo fondo bibliográfico

Tanto na Biblioteca Pública Municipal como nas Axencias de Lectura dos Centros Sociais Parroquiais, onde se están desenvolvendo diversas actividades como Campañas de Fomento da Lectura e Concursos Literarios.

Na Aula Municipal de Informática os veciños e veciñas de Miño poden acceder a internet de forma gratuita, así como ó seu programa de cursos como Iniciación a Windows e Word, Excel e Acces, Creación de páxinas web, Búsqueda de empleo a través de internet, etc.

A información dirixida á xuventude podese atopar na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ademais da oferta de actividades dirixida a este sector da poboación como son: os campamentos, as excursións e as viaxes xuvenís, os obradoiros, etc.utos