OBRADOIROS CULTURAIS E ESCOLAS DEPORTIVAS

NOTA INFORMATIVA: A partir do día 26 de xaneiro e ata o 9 de febreiro, disponse o prazo para realizar o abono da cuota correspondente ao 2º cuatrimestre (febreiro a maio) dos Obradoiros Culturais e das Escolas Deportivas municipais do Concello de Miño, en horario de luns a venres de 8.30 a 15.00 horas.  

INSTALACIÓN DE CHIRINGUITO CO GALLO DO ENTROIDO 2018

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para a concesión dunha autorización para a instalación dun chiringuito nas pistas de Rabazal co gallo do Entroido 2018. O dito prazo estará aberto ata o venres 26 de xaneiro de 2018. Pódense consultar as bases clicando aquí

AVISO

Estanse a facer  chamadas telefónicas nas que se oferta a venda dunha manta e nas que se di que o Concello de Miño colabora na citada transacción. Advírtese a toda a veciñanza que o Concello de Miño non ten participación ningunha nesta actividade comercial.

LLEGA 800

Infórmase que o 31 de xaneiro finalizará o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte das persoas usuarias da TDT, por posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz nalgunhas antenas do noso municipio. Para resolver incidencias existe o teléfono gratuíto 900 833 999. Máis información na propia páxina de llega800

BOLSA DE TRABALLO DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO E POSTERIOR CONTRATACIÓNDE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL Prazo para presentación de solicitudes: 5 días hábiles dende a publicación do presente anuncio. Forma de provisión: Concurso-Oposición. Información: Unidade de Servizos Internos do Concello de Miño e no  Taboleiro de anuncios da sede electrónica: https://sede.concellodemino.gal/es/informacion/tablon/ As solicitudes […]