Bemantes posúe  unha pequena igrexa barroca, na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, separada do presbiterio por un arco triunfal. O seu interior sobrio caracterízase por alzar unha pía bautismal romántica, situada aos pés do arco. Si observamos os seus muros indícannos diferentes etapas de construción. As paredes laterais divídense en tres arcos góticos e unha porta rematada nun arco de medio punto, á beira da cal xace un sarcófago antropomorfo do século XII. No seu exterior, a fachada principal concentra todos os recursos decorativos empregados na restauración levada a cabo no s. XVIII seguindo o estilo barroco dominante da época. Presenta unha espadana de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que orixinan os ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos. Contiguo á igrexa está o local social da asociación de Veciños A Irmandade, cun amplo merendeiro e un parque infantil.

Recentemente foron restaurados os arredores, decorados cuns pequenos xardíns moi coidados.