A biblioteca municipal acolle mañá unha sesión de conta contos moi especial

Miño, 12 de setembro 2018-. O Concello de Miño organiza para mañá xoves a partir das 18 horas unha sesión de contacontos acompañada dun interesante espectáculo de dinamización da lectura. Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización da lectura «Ler conta moito»  desenvolto de forma conxunta coa Xunta de Galicia. O obxectivo desta actividade é achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito lúdico e atractivo.
Na xornada de mañá a compañía Pablísimo interpretará o seu espectáculo O Paroleiro. Para elo utilizarán poemas numéricos, xogos de sombras, monicreques, contos de nunca rematar, cancións e narración oral. A actividade e totalmente gratuíta e está destinada a rapaces de entre 3 e 9 anos de idade.