O Goberno local de Miño alcanza un acordo coa Deputación para que asuma o 100% do custo de renovación do campo de futbol

O Goberno local de Miño alcanzou onte un acordo coa Deputación para que o ente provincial asuma o 100% do custo da renovación do céspede artificial do campo de futbol de Gallamonde. Iste foi o compromiso ao que chegaron esta mañá o presidente provincial, Valentín González Formoso, co alcalde Ricardo Sánchez. Temos que destacar a disposición evidenciada por González Formoso e debemos mostrarnos moi satisfeitos por lograr este importante investimento para o municipio.
A reunión de hoxe foi o primeiro contacto institucional que se ten respecto da mellora do campo de futbol entre ambas administracións. Ata a data só rexistráronse contactos de carácter informal entre a directiva e o Goberno provincial, pero tras o encontro de hoxe, no que houbo un entendemento total, quedan definidas as prioridades de actuación no campo e os estándares de calidade cos que o Concello está a redactar o proxecto. Lograr o compromiso por parte do presidente é moi tranquilizador para nós. Logramos blindar este importante investimento para Miño. Ademais comprobamos que estamos en total sintonía.
Actualmente o Goberno local de Miño atópase redactando o proxecto para a mellora do campo de futbol de Gallamonde a través da Federación Galega de Futbol, quen esta levando a cabo o traballo tanto técnico como de asesoramento. Ao longo das próximas semanas darase a coñecer o anteproxecto e coñecerase a cifra definitiva á que ascenderá a licitación desta obra que se aproxima aos 180.000 euros de investimento..