Miño imparte un curso de desenvolvemento de aplicacións de tecnoloxía web

O Concello de Miño imparte un curso de desenvolvemento de aplicacións de tecnoloxía web. Esta iniciativa está destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego. O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 21 de novembro. Aquelas persoas interesadas poden dirixirse a axencia de desenvolvemento local do Concello de Miño.