Miño presenta o obradoiro de emprego en atención sociosanitaia que ocupa a 26 persoas

• O curso está en funcionamento desde o 30 de outubro e xerou 20 postos de ocupación para alumnos e oito máis para persoal docente

O Concello de Miño presentou esta mañá o obradoiro de emprego para formación de persoal en atención sociosanitaria a persoas dependentes. Este curso, que conta con un investimento total 288.807 euros cofinanciado polo Goberno autonómico, xerou 20 prazas para alumnos e alumnas e 6 prazas máis para persoal docente. Está iniciativa, solicitada formalmente o pasado 22 de xuño por parte do alcalde, o independente Ricardo Sánchez, enmárcase dentro da política social que

promove o Goberno local e ten dous obxectivos: fomentar o emprego local, mellorar a atención as persoas dependentes do municipio de Miño.

Deste xeito O Concello de Miño contará coa súa terceira edición deste obradoiro. A valoración por parte do alumno dos pasados cursos é moi positiva. Así mesmo o Goberno local valora de forma extraordinaria este taller pola funcionalidade que ten para a sociedade miñense este tipo de especialidade que conta cun alto porcentaxe de inserción laboral debido a importante demanda deste tipo de servizos no municipio.

No acto de presentación participaron tamén o alcalde de Paderne, Cesar Longo, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, como representantes dos seus municipios como coparticipantes nesta iniciativa. O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, mostrouse satisfeito por que esta iniciativa fora levada a cabo de forma conxunta e en colaboración directa cos concellos de Paderne e Pontedeume. «Imos procurar que a colaboración cos municipios da nosa contorna vaian a máis e poidan chegar a outros moitos ámbitos da vida municipal», dixo. Por último destacou a importancia deste obradoiro, de cara ao emprego e como ferramenta social. « Esta formación dual vainos permitir aportar recursos humanos importantísimos para combater unha situación social que co envellecemento da poboación de Miño e a súa contorna é cada vez máis prioritaria nas nosas políticas sociais», sinalou o rexedor.