Miño instala 21 novos contedores de plástico e metal e outros cinco máis de papel

• Os novos contedores, tanto os amarelos e os azuis, serán utilizados para instalar novos puntos de recollida de lixo así como para substituír outros en mal estado dentro da actual rede

O Concello de Miño instalará no municipio 21 novos contedores de plástico e metal e cinco máis de papel. Os novos contedores, tanto os amarelos e os azuis, serán utilizados para instalar novos puntos de recollida de lixo así como para substituír outros en mal estado dentro da actual rede. O Goberno local acadou esta novo mobiliario urbano tras chegar a un acoro de colaboración coa empresa Ecoembes, que a principios de ano habilitou liñas de colaboración para que os municipios puideran optar a este material. O s contedores atópanse xa na nave municipal de Gallamonde e serán instalados ao longo dos próximos días. O obxectivo

desta iniciativa e promover a reciclaxe e facilitar o acceso a este acto de conservación do medio ambiente a nivel local.