O pleno aproba por unanimidade obras por valor de 314.761 euros

NOTA DE PRENSA

O pleno aproba por unanimidade obras por valor de 314.761 euros

• A elección dos investimentos foi deseñada polo Goberno local segundo o interese público atendendo as peticións da veciñanza e das entidades locais

Miño, 18 de decembro de 2018-. O Grupo de Goberno aprobou no pleno celebrado esta mañá obras en todas as parroquias do municipio por valor de 314.761euros. A elección dos investimentos foi deseñada polo Goberno local segundo o interese público e atendendo as peticións da veciñanza e as entidades locais. A proposta foi respaldada pola oposición. Os traballos, que se executarán a cargo do POS 2019 e o Plan complementario, céntranse fundamentalmente na renovación do pavimento en distintos camiños e en traballos de mellora da rede de abastecemento e saneamento de augas.

Na parroquia de Callobre asfaltaranse o camiño entre Barbeita e Vigo, o camiño entre Callobre e Brea e o camiño entre Vigo e Pousadoira. En Bemantes vaise renovar o pavimento do camiño de Santa Uxía, o camiño do campo de fútbol e o que une Bemantes con Barcia. Pola súa parte, na parroquia de Carantoña arranxaranse os camiño entre As Pedrosas e A Sapeira, o camiño entre O Xuncal e O Penedo e camiño de Carantoña.

Ademais destas obras, a iniciativa do grupo de Goberno recolle o asfaltado do camiño do Couto en San Xoan, o camiño entre Perbes e O Curro, entre Perbes e Fondal, Perbes- Nigrofe, Perbes- San Bollo,e A Torre. Así mesmo da renovación da capa de rodadura entre Miño e Sombreu. Tamén se renovará a rede de abastecemento de augas no lugar de Ponte do Porco. Estes traballos contarán cun investimento total de 40.000 euros e suporán unha sensible mellora no servizo desta zona cunha alta densidade de poboación.