Miño lamenta que o Goberno marxine a liña ferroviaria entre Ferrol e A Coruña

• O Goberno local considera que os Orzamentos xerais do Estado marxinan a comarca e non cumpren coas demandas sociais necesarias para minimizar a desigualdade social xurdida durante a crise económica

Miño, 16 de xaneiro de 2019-. O Goberno local considera que o proxecto dos presupostos xerais do Estado presentados polo Goberno socialista de Pedro Sánchez esquecésese premeditadamente de Galicia e dos seus habitantes para investir noutras comunidades seguindo unicamente criterios de poder e non atendendo de forma obxectiva as necesidades dos territorios. O Concello de Miño lamenta a parálise a que o Goberno do Estado somete ao nosa contorna por mor da conxelación de investimentos prevista no documento.

De forma particular, no que afecta aos veciños e veciñas de Miño, o Goberno do Estado está lonxe de cumprir as promesas anunciadas en materia social. Segundo o Goberno local de Miño a proposta socialista non axudará a reverter a desigualdade social forxada ao longo dos anos da crise, xa que as iniciativas anunciadas son a todas luces insuficientes.

En materia de infraestruturas, sen entrar a valorar a ausencia total de investimentos para as infraestruturas de carácter estratéxico para todos os galegos e galegas, o Concello de Miño lamenta que o goberno socialista marxine a liña ferroviaria que comunica Ferrol e A Coruña e que transita por Miño. A ausencia de investimentos no noso tren unha clara declaración de intencións: queren deixalo morrer. En opinión do Concello de Miño esta infraestrutura e vital para dotar a Miño dun transporte público de calidade que permita aos seus veciños e veciñas trasladarse a outros puntos das areas metropolitanas de Ferrol e A Coruña para poder desenvolver a súa actividade profesional ou estudantil. O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, anunciou esta mañá que incluirá a situación do tren na orde do día da reunión que tendrá ao longo dos próximos datas co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.