A Policía Nacional renovará DNI o 1 e 2 de abril en Miño

Os próximos días 1 e 2 de abril os veciños de Miño poderán realizar a tramitación do seu DNI nas dependencias da casa do concello en horario de 09.00 a 12.30 horas. É necesario solicitar cita con anterioridade. Para iso, o prazo ábrese un mes antes, co que se poderá solicitar cita de forma presencial nas oficinas do Concello ou a través do número do Concello 981 782 006 desde o 1 de marzo.