Convocatoria concurso de disfraces Entroido 2019

  1. O concurso terá lugar na carpa situada nas pistas de Rabazal de Miño o día 2 de marzo de 2019.
  2. Para poder participar e optar aos premios en vales de compra, que poderán trocarse en calquera establecemento do Concello de Miño, é imprescindible inscribirse previamente.
  3. As inscricións deberán facerse previamente, podendo facelo:
    1. Ata o día 1 de marzo no Departamento de Cultura do Concello de Miño, nos teléfonos 981 784 405 e 981 782 659, en horario de 8.30 a 15.00 h ou no enderezo electrónico [email protected]
    1. O mesmo día 2 de marzo de 21.00 a 22.00 h. na carpa situada nas Pistas de Rabazal antes de que comece a verbena.
  4. Poderán participar no concurso todos as persoas maiores de 14 anos, e persoas menores acompañadas dun adulto (pai, nai ou titor legal).
  5. As persoas participantes terán que facer no descanso da orquestra un pase de disfraces para a súa valoración polo xurado. Poderán traer a música que queiran para poñer no momento do desfile en formato MP3 nun USB.
  6. Os disfraces puntuaranse por: beleza, orixinalidade, traballo, creatividade, etc. A puntuación a otorgar será de 1 a 10 puntos. En caso de empate, este resolverase por sorteo.
  7. Os premios serán de dúas categorías: individual e grupo (máis de 1 persoa).

1º premio individual 100 €

2º premio individual 75 €

3º premio individual 50 €

1º premio grupo 300 €

2º premio grupo 250 €

3º premio grupo 200 €

4º premio grupo 150 €

5º premio grupo 100 €

O número total de premios é de 8. O importe en vales de compra ascende a 1.225 € e será a cargo do Concello de Miño.

  • O feito de inscribirse implica coñecer e aceptar as bases do concurso.
  • O xurado estará composto polos membros da orquestra.
  • Calquera dúbida que poida xurdir no desenvolvemento do concurso, o xurado terá potestade para resolvela. O fallo do xurado será inapelable.
  • O Concello de Miño, mediante resolución da alcaldía, procederá a ratificar o fallo do xurado.
  • As persoas premiadas ceden os seus dereitos de imaxe para as reportaxes fotográficas, informativas e promocionais en calquera soporte divulgativo (prensa escrita, web, Facebook, etc.)
  • Fiscalidade dos premios. O Concello de Miño cumprirá a normativa fiscal vixente que resulte de aplicación sobre o I.R.P.F. e practicará a retención correspondente.
  • Os premios só poderán ser entregados a persoas maiores de idade. No caso de que algún premiado sexa menor de 18 anos, a entrega realizarase aos seus país e/ou titores legais, que deberán acreditar a súa condición.
  • Os datos recollidos serán utilizados exclusivamente polo Concello de Miño e en ningún caso serán cedidos a terceiros nin pasarán a formar parte de ningunha base de datos de uso comercial.
  • O Entroido 2019 está organizado polo Concello de Miño. Estas bases estarán publicadas na web do Concello de Miño.

En Miño, a 21 de febreiro de 2019

A concelleira delegada de educación e cultura

Ana Picos Freijomil

Tamén pode descargar as bases do concurso Aqui