MELLORAS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “A CEBOLIÑA” NO ANO 2019

O Concello de Miño recibiu no ano 2019 unha axuda de 29732,45€ para a mellora da Escola Infantil Municipal de Miño “ A Ceboliña”, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020; ao abeiro da Orde do 8 de Agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o proceso de concesión de axuda para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2019.

As actuacións realizadas concrétanse na adquisición e mellora de equipamento do centro, incluíndo a compra de material didáctico e de xogo; co cal se renova gran parte do existente e se actualizan os recursos lúdicos e didácticos da Escola Infantil, o que contribuirá á mellora do servicio.

Melloras conseguidas grazas ao apoio financiero de

XUNTA DE GALICIA

FONDO EUROPEO DE DESNVOLVEMENTO REXIONAL