ACORDO DE GOBERNABILIDADE EN MIÑOOs portavoces do PP de Miño, Jesús Veiga e MPA, Ricardo Sánchez, asinaron hoxe un pacto de lexislatura MIÑO, 20 DE XANEIRO DE 2016Dar estabilidade a un goberno que debe afrontar iniciativas de futuro pra Miño, é o principal obxectivo do acordo de goberno suscrito hoxe perante notario polos máximos responsables locais de Miño Plataforma Aberta e Partido Popular de Miño, Alcalde e Portavoz Popular respectivamente, no consistorio miñés. O acordo, con vocación de pacto de lexislatura, garantizará a gobernabilidade e estabilidade do Concello de Miño e senta as bases pra acometer unha xestión eficiente dos recursos a implementación de medidas que permitan afrontar algun dos grades retos ós que se enfrenta o municipio. Un pacto que non só recolle un mero reparto das concellerías ou competencial, senon que a esencia fundamental de este acordo é o seu programa é a fixación de obxetivos consensuados por amba-las duas partes.
O programa de goberno está baseado esencialmente en catro grandes áreas, que son: a participación e transparencia cidadá, os servicios sociais, a rexeneración e ordenación do territorio e a área económica e de facenda.
Con respecto os grandes asuntos que ten que afrontar, na actualidade, Miño e o seu goberno: a débeda devenida dos expropiados de Fadesa. O novo equipo de goberno ten como propósito seguir adiante coas negociacions necesarias pra acadar o maior prazo posible pra a devolución do empréstito ó Estado e, ademais, activar todo- los recursos pra que a liquidadora de Fadesa, atenda ós dereitos da institución municipal finalmente lle sean destinados os recursos necesarios pra facer fronte á débeda xerada.
PROGRAMABenestar Social, emprego e xestión eficiente na xestión financieira serán os eixos fundamentais do equipo de goberno de Miño. Para elo, o programa de goberno consensuado por ambas formacions, afrontará os próximos anos con un conxunto de prioridades:
Participación Cidadá Revisión e actualización do rexistro de asociacions.
A Orde do Día dos Plenos será redactada po-la xunta de Goberno Local.
Aprobación dun Regulamento Orgánico do Concello de Miño.
Garantías de participación cidadá nos Plenos.
Aprobación dun Regulamento de Participación Cidadá.
Impulso e mellora do Servicio de Atención ó Cidadá.
Transparencia Continuar co desenrolo do portal web do Concello.
Regulación do acceso da cidadanía á información cidadá.
Publicación do estado de execución orzamentaria e dos contratos de servizos do Concello.
Desenrolo da Lei de Transparencia.
Compromiso de requerir informes ós habilitados nacionais para os acordos plenarios e da xunta de Goberno Local.
Grabar e difundir os procesos de licitación coa finalidade de que os cidadans de Miño poidan coñecer o importe das adxudicacions e a valoración técnica das empresas adxudicatarias.
Os Concelleiros darán conta de maneira periódica á cidadanía da sua xestión.
Benestar Social e Igualdade Apertura do Centro de Día e do Parque das Idades.
Programa de conciliación laboral en época fora da xornada escolar.
Traballo coas entidades sociais para potenciar o plan de alimentos.
Apoio a familias en risco de desafiuzamento.
Non ós cortes de auga por falta de pago nin á pobreza enerxética.
Plan integral de igualdade.
Protección e asesoramento legal para a muller.
Creación dunha guía de empresas e comercio local.
Incremento do orzamento en Servicios Sociais ata unha porcentaxe a acordar pola Comisión de Programa.
Reestructuración dos Servicios Sociais.
Transporte ó Centro de Saúde.
Desenrolo Local Elaboración dun Plan de Dinamización Turística que permita afrontar oportunidades de desenrolo na materia e que, de forma trasversal con outras concellerías, permita un crecemento diste sector.
Arteria secundaria de abastecemento de auga ó núcleo urban de Miño.
Plan de saneamento en Miño e parroquias.
Plans para combatir o desemprego.
Novos “obradoiros” de emprego.
Apoio a Pemes e autónomos locais.
Coordinación de compras municipaisfavorecendo o comercio local e de proximidade.
Urbanismo, Medioambiente, Facenda e persoal Revisión do PXOM.
Realización das xestions necesarias para a prolongación do Paseo Marítimo dende a praia Grande ata o porto
Redacción da R.P.T.
Establecemento dun sistema de indicadores para oseguimento da xestion municipal.
Continuar co pago á proveedores nun período medio de 20 días.
Cumprimentoda lei de morosidade.
Acadar maior remanente de Tesoureiría, para o que poderá chegar a analizarse unha revisión á alza do IBI as propiedades baleiras da banca e de promotoras.
Estudo de bonificacions fiscais en impostos e taxas municipais para os sectores mais desprotexidos.
Reestructuración da Área de Urbanismo.
Estudo de alternativas para a conexión entre parroquias favorecendo a mobilidade peonil e en bicicleta.
Dotar á area de Medioambente dun adecuado orzamento, que permita afrontar políticas efectivas de conservación e recuperación ambiental... de forma especial no relacionado coa loita contra especies invasoras e a rexeneracion de espazos naturais en risco
Educación e Cultura Apoio a toda- las entidades socio-culturais.
Apoio ás Comisions de Festas.
Apoio á cultura galega e, en particular, á celebración de festas tradicionais como as romerías de San Ramón y San Paio.
Potenciación de convenios relativos á educación, como os da ANPA ou ASPACE e ASPADISOL.
Medio Rural Apoio ás Parroquias en aspectos vencellados con redes viarias, alumbrado público, parques.
Deportes e mocidade Finalización da Área de Deportes da Galea eposta en valor (dentro do Plan de Dinamización Turística) de potencilialidades turístico – deportivas.
EQUIPO DE GOBERNO XUNTA DE GOBERNO LOCALFormada por:
Alcalde: Ricardo Sánchez Oroza
Tenentes de Alcalde:
1º Tenente de Alcalde: Jesús Veiga Sabín.
2º Tenente de Alcalde: Josefina Romeu.
3ª Tenente de Alcalde: Agustín Andrés Andrés.
4º Tenente de Alcalde: Ana Picos Freijomil.
* A Xunta de Goberno Local reunirase semanalmente de xeito ordinario.
CONCELLERIAS:
Transparencia, Participación Cidadá e portavocía: Ricardo Sánchez Oroza. Desenrolo local, Plans, vías e obras, Emprego: Jesús Veiga Sabín.Benestar social e igualdade, comercio, turismo: Josefina RomeuUrbanismo, medioambente, contratación, facenda e personal: Agustín Andrés AndrésEducación e Cultura: Ana Picos Freijomil.Medio Rural: Antonio Doce Lourido.Deportes e mocidade: José Paz Casal.