05 de oct de 2015

Apróbase a tramitación do proxecto de instalación da caldeira no centro social A Rúa

General

Apróbase a tramitación do proxecto de instalación da caldeira no centro social A Rúa
Medida que contou unicamente co apoio do PP e a abstención do alcalde e do PSOE

MIÑO, 5 DE OUTUBRO DE 2015

Na sesión extraordinaria do pleno realizada este luns 5 de outubro no Concello de Miño, aprobouse a tramitación do proxecto de instalación da caldeira no centro social da Rúa, xerador que xa leva meses instalado neste edificio. O proxecto foi aprobado só co apoio do Partido Popular, mentres que Ricardo Sánchez e o partido socialista se abstiveron. Acto no que o alcalde agradece a sensatez por parte dos socialistas.


 Hoxe remataba o prazo para aprobar a tramitación do proxecto que “presenta certas irregularidades” detectadas no expediente, entre as que se atopa precisamente a de aprobar o proxecto dunha caldeira, xa instalada, no centro social. Pola súa banda, o alcalde declarou que cando chegou á alcaldía a caldeira xa estaba en proceso de instalación, expediente que foi tramitado polo Partido Popular durante a súa administración. Xa que logo, tanto os socialistas como o propio alcalde consideraron pouco transparente o proxecto, aspecto que explica a abstención.


 Ademais, nesta mesma mañá realizouse outro pleno extraordinario, autoconvocado por unanimidade dos concelleiros presentes, no que se aprobou a concesión dos proxectos para a instalación de paneis solares no Club Náutico de Miño e de iluminación LED na parroquia de Leiro.

Anterior Siguiente