Prazo de presentación: dous meses dende que se produce o nacemento ou adopción.
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou filos, nados ou adoptados entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2016
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do menor.
No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.