25 de feb de 2016

Brais, unha gran promesa

General

 
Brais, unha gran promesa
a

FOTO_BRAIS

 

a

Querémosvos presentar a Brais, un miñense que con tan só dous anos e medio empezou a súa experiencia sobre rodas cunha bicicleta sen rodiñas, e un ano máis tarde xa contaba coa súa primeira moto de gasolina.


Este pequeno gran motorista ata hai pouco era o único neno que adestraba no Circuíto de Gandarío co resto dos maiores, con motos que triplican á súa en tamaño e potencia.


Desde hai dous anos participa no Campionato Galego de Minimotos e na súa primeira carreira, que tivo lugar nun circuíto improvisado do Porriño, chovendo a mares e no medio doutros 12 nenos procedentes de escolas de pilotos con motos máis potentes que a súa, Brais, que adestra por libre xunto ao seu pai,  conseguiu o segundo mellor tempo en todas as mangas. "Nin eu, nin a súa nai, nin todos os compañeiros de Gandarío que estaban ese día alí, non o podiamos crer" explicábanos o seu pai.


a


1


a


O ano pasado Brais, con seis anos, obtivo moi bos resultados nos seus campionatos, conseguindo varios segundos postos, algún terceiro e un primeiro. O que o converteu no subcampión  do torneo dos máis pequenos da categoría, a cal comprende a nenos de entre 6 e 11 anos.


Este ano volverá  pelexar con moito entusiasmo polo Campionato Galego e tamén agarda facelo pola Copa Superxtrem, desde o Concello de Miño desexámoslle moita sorte e a por todas!!

Anterior Siguiente