05 de abr de 2016

CAMPAÑA DE RECADACIÓN VOLUNTARIA DO 1º SEMESTRE DO EXERCICIO 2016

General

No Boletín Oficial da Provincia núm. 49, do 14 de marzo de 2016, publicáronse as normas de cobranza da campaña de recadación voluntaria actualmente en curso. O seu resumo é o seguinte:

- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2016
- Taxa recollida de lixo (1.ª cota 2016)

O prazo de ingreso voluntario será do 10 de marzo ao 18 de maio, ambos inclusive.

O ingreso poderá realizarse na caixa de calquera das entidades colaboradoras que se indican de seguido, ou tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
ABANCA, BANCO SABADELL, BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, BANCO SANTANDER, BANCO POPULAR ESPAÑOL/BANCO PASTOR, CAIXABANK

Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.

Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día 18 de abril.

O prazo para a devolución de cargos pecharase o día 13 de xuño, pasada esta data, as entidades financeiras xa non poderán aceptar devolucións, polo que os contribuíntes deberán dirixir á Deputación a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos, que será tramitada segundo o establecido na normativa tributaria.

O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de mora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas no dito procedemento.

OFICINAS DE INFORMACIÓN E HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO
Concello de Miño
Enderezo: Rúa da Carreira, núm. 38. C.P. 15630
Horario: De 8.30 a 15.00 de luns a venres
Teléfono: 981782006-981782058
Fax: 981783175

Oficina Virtual Tributaria
Enderezo electrónico: www.dacoruna.gal
Horario: As 24 horas do día, todos os días

Oficina de Recadación en Betanzos
Enderezo: R. Pintor Seijo Rubio, 8 (local 5) C.P. 15300
Horario: De 9.00 a 14.00 de luns a venres
Teléfono: 981771835
Fax: 981774131
Correo electrónico: zona2@dacoruna.gal


Publicación completa: bop_cobroivtm_lixo


Anterior Siguiente