Dende o Concello de Miño queremos sumarnos ás mostras de rexeitamento e condena dos atentados acontecidos esta mañá en Bruxelas, expresando o noso apoio aos familiares e seres queridos das vítimas.
Por iso, convocamos a toda a cidadanía a gardar un minuto de silencio como mostra de repulsa por estes crueis atentados.
A concentración terá lugar mañá mércores 23 de marzo ás 12,00 horas diante da casa do concello.