O Concello de Miño e a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural teñen previsto impartir unha CHARLA SOBRE A APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS o xoves 7 de xullo ás 10:30 horas, no salón de plenos do Concello. A dita información precederá a un novo curso básico de 25 horas para obter o carné de manipulador de produtosfitosanitarios, que impartirá persoal técnico da Consellería de Medio Rural na escola unitaria de San Xoán de Vilanova a partir do luns 11 de xullo de 2016.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no Departamento de medio ambiente do Concello de Miño, no teléfono 981778914 ou a través do correo electrónico medio.natural@concellodemino.es.