O
concurso terá lugar na carpa situada nas pistas de Rabazal de Miño o día 2 de
marzo de 2019.Para
poder participar e optar aos premios en vales de compra, que poderán trocarse
en calquera establecemento do Concello de Miño, é imprescindible inscribirse
previamente. As
inscricións deberán facerse previamente, podendo facelo:Ata
o día 1 de marzo no Departamento de Cultura do Concello de Miño, nos teléfonos
981 784 405 e 981 782 659, en horario de 8.30 a 15.00 h ou no enderezo
electrónico
cultura.deportes@concellodemino.galO
mesmo día 2 de marzo de 21.00 a 22.00 h. na carpa situada nas Pistas de Rabazal
antes de que comece a verbena.Poderán
participar no concurso todos as persoas maiores de 14 anos, e persoas menores
acompañadas dun adulto (pai, nai ou titor legal).As
persoas participantes terán que facer no descanso da orquestra un pase de
disfraces para a súa valoración polo xurado. Poderán traer a música que queiran
para poñer no momento do desfile en formato MP3 nun USB. Os
disfraces puntuaranse por: beleza, orixinalidade, traballo, creatividade, etc.
A puntuación a otorgar será de 1 a 10 puntos. En caso de empate, este
resolverase por sorteo.Os
premios serán de dúas categorías: individual e grupo (máis de 1 persoa).
1º premio
individual 100 €
2º premio
individual 75 €
3º premio
individual 50 €
1º premio grupo
300 €
2º premio grupo
250 €
3º premio grupo
200 €
4º premio grupo
150 €
5º premio grupo
100 €
O
número total de premios é de 8. O importe en vales de compra ascende a 1.225 €
e será a cargo do Concello de Miño.
O
feito de inscribirse implica coñecer e aceptar as bases do concurso.O
xurado estará composto polos membros da orquestra.Calquera
dúbida que poida xurdir no desenvolvemento do concurso, o xurado terá potestade
para resolvela. O fallo do xurado será inapelable.O
Concello de Miño, mediante resolución da alcaldía, procederá a ratificar o
fallo do xurado.As
persoas premiadas ceden os seus dereitos de imaxe para as reportaxes
fotográficas, informativas e promocionais en calquera soporte divulgativo
(prensa escrita, web, Facebook, etc.)Fiscalidade
dos premios. O Concello de Miño cumprirá a normativa fiscal vixente que resulte
de aplicación sobre o I.R.P.F. e practicará a retención correspondente.Os
premios só poderán ser entregados a persoas maiores de idade. No caso de que
algún premiado sexa menor de 18 anos, a entrega realizarase aos seus país e/ou
titores legais, que deberán acreditar a súa condición.Os
datos recollidos serán utilizados exclusivamente polo Concello de Miño e en
ningún caso serán cedidos a terceiros nin pasarán a formar parte de ningunha
base de datos de uso comercial.O
Entroido 2019 está organizado polo Concello de Miño. Estas bases estarán
publicadas na web do Concello de Miño.
En Miño, a 21 de febreiro de 2019
A
concelleira delegada de educación e cultura
Ana
Picos Freijomil
Tamén pode descargar as bases do concurso Aqui
Convococatoria disfraces entroido 2019Descargar
comparte este artículo, escoge tu plataforma