O DOG núm. 13 do xoves, 19 de xaneiro de 2017 publica a Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes ocupacións:
Prazo ata o 18 de febreiro de 2017:
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
– Servizos para o control de pragas
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- Socorrismo en instalacións acuáticas
- Extinción de incendios e salvamento
- Tanatopraxia
Prazo do 1 ao 31 de marzo de 2017:
– Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
Para máis información ou realizar os trámites de solicitude:
Coa axente de emprego e desenvolvemento local
(Local Social de Rabazal)