A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 8 do xoves, 12 de xaneiro de 2017 a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en varias ocupacións de:
- Administración e Xestión
- Agraria
- Comercio e marketing
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Hostalería e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Informática e comunicacións
etc
Prazo ata o 03 de febreiro de 2017
Para máis información ou realizar os trámites de solicitude:
Coa axente de emprego e desenvolvemento local(Local Social de Rabazal)