A adxudicación do posto para a instalación de quiosco, na praia da Ribeira de Miño realizaràse mediante licitación pública, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 153/2017, de 13-02-2017. As persoas interesadas deberán presentar no Concello de Miño a súas ofertas económicas en sobre pechado, segundo o modelo contido no anexo, así como presentar a solicitude para a instalación do correspondente posto. O prazo para a presentación das ofertas rematará o vindeiro 17 de febreiro de 2017.
Os interesados poden recoller no Concello os impresos para a solicitude do posto e as ofertas económicas, así como obter a información que precisen.
As bases para a licitación atópanse expostas no taboleiro de Edictos do Concello.