O Concello de Miño recibiu no ano 2017 unha axuda de 33.071,48 € para a mellora da Escola Infantil Municipal de Miño “A Ceboliña”, ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamentos das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2017 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, pola que se realizaron as seguintes obras e adquisicións:
OBRAS DE MELLORA
No patio exterior descuberto: Substitución da totalidade do pavimento de caucho en lousas por pavimento de caucho continuo eliminando as xuntas.
Nos Paramentos verticais do vestíbulo de acceso e do corredor: Todo o perímetro do corredor e do vestíbulo de acceso revestiuse cun zócalo mediante taboleiro de alta densidade lavable e de fácil limpeza, nunha altura de 1,38 metros e sobre este zócalo aplicouse pintura plástica lisa en colores claros, e nun paramento do vestíbulo revestiuse ata o teito co taboleiro.
ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO
7 estores
Equipo de son portátil
4 pavis (alfombras para a aula)
Unha mesa de luz
Unha televisión de 49 pulgadas
Unha televisión de 32 pulgadas
Unha cámara de fotos
Unha estrutura de papel
Unha plastificadora con plásicos
Unha guillotina
Colocación da antena para as televisións
Protectores para os novos radiadores
EFICIENCIA ENERXÉTICA
Cambio de radiadores de baixo consumo por acumuladores
Cambio de toda a luminaria do centro por paneis LED de baixo consumo
ADQUISICIÓN DE MATERIAL DE NOVAS TECNOLOXÍAS
Encerado dixital
Ordenador