• O curso esta? en funcionamento desde o 30 de outubro e xerou 20 postos de ocupacio?n para alumnos e oito ma?is para persoal docente
O Concello de Min?o presentou esta man?a? o obradoiro de emprego para formacio?n de persoal en atencio?n sociosanitaria a persoas dependentes. Este curso, que conta con un investimento total 288.807 euros cofinanciado polo Goberno autono?mico, xerou 20 prazas para alumnos e alumnas e 6 prazas ma?is para persoal docente. Esta? iniciativa, solicitada formalmente o pasado 22 de xun?o por parte do alcalde, o independente Ricardo Sa?nchez, enma?rcase dentro da poli?tica social que
promove o Goberno local e ten dous obxectivos: fomentar o emprego local, mellorar a atencio?n as persoas dependentes do municipio de Min?o.
Deste xeito O Concello de Min?o contara? coa su?a terceira edicio?n deste obradoiro. A valoracio?n por parte do alumno dos pasados cursos e? moi positiva. Asi? mesmo o Goberno local valora de forma extraordinaria este taller pola funcionalidade que ten para a sociedade min?ense este tipo de especialidade que conta cun alto porcentaxe de insercio?n laboral debido a importante demanda deste tipo de servizos no municipio.
No acto de presentacio?n participaron tame?n o alcalde de Paderne, Cesar Longo, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Ferna?ndez, como representantes dos seus municipios como coparticipantes nesta iniciativa. O alcalde de Min?o, Ricardo Sa?nchez, mostrouse satisfeito por que esta iniciativa fora levada a cabo de forma conxunta e en colaboracio?n directa cos concellos de Paderne e Pontedeume. «Imos procurar que a colaboracio?n cos municipios da nosa contorna vaian a ma?is e poidan chegar a outros moitos a?mbitos da vida municipal», dixo. Por u?ltimo destacou a importancia deste obradoiro, de cara ao emprego e como ferramenta social. « Esta formacio?n dual vainos permitir aportar recursos humanos importanti?simos para combater unha situacio?n social que co envellecemento da poboacio?n de Min?o e a su?a contorna e? cada vez ma?is prioritaria nas nosas poli?ticas sociais», sinalou o rexedor.
comparte este artículo, escoge tu plataforma