21 de nov de 2015

MIÑO E CAIXABANK XUNTOS NAS OBRAS SOCIAIS DO MUNICIPIO

General

Miño e CaixaBank xuntos nas obras sociais do municipio

O alcalde de Miño contará coa Obra Social "La Caixa" para desenvolver as diferentes actividades dos servizos sociais do Concello. A primeira achega económica vanse destinar a un servizo de préstamo de axudas técnicas


MIÑO, 21 DE NOVEMBRO DE 2015

O alcalde Ricardo Sánchez e a directora da oficina de CaixaBank en Miño, Vanesa Portela, reuníronse para rubricar a colaboración dirixida a impulsar as diferentes actividades que se desenvolvan desde os servizos sociais do Concello. O edil optou pola Obra Social "La Caixa" e explicou que a súa elección débese ao seren os que mellor predisposición mostraron dende o comezo.


Sánchez Oroza sinala que esta decisión "abre un camiño que pode servir non só para solucionar os problemas da xente senón que ademais permite desenvolver proxectos empresariais que tanta importancia teñen para o municipio". Para a directora da oficina bancaria de Miño, Vanesa Portela, un dos trazos distintivos da entidade é a súa destacada sensibilidade social: "Esta sensibilidade é a que nos impulsa a establecer colaboracións como a que hoxe levamos a cabo co Concello de Miño".


Así, a entidade social deu a súa primeira achega económica que se destinará a un servizo de préstamo de axudas técnicas, como cadeiras de rodas, muletas ou camas hospitalarias, para aquelas persoas que se atopan de maneira temporal ou permanente en situación de dependencia ou falta de autonomía física. O servizo que se presta na actualidade presenta un material obsoleto e nalgúns casos en malas condicións, co que se pretende actualizar e ampliar devandito servizo con axudas técnicas de maior calidade e máis variadas.

Anterior Siguiente