20 de sep de 2018

Miño impartirá un obradoiro de emprego para formación en atención sociosanitaia que ocupará a 28 persoas

General

Miño, 20 de setembro de 2018-.O Concello de Miño pon en marcha a partir do próximo día 28 un obradoiro de emprego para formación de persoal en atención sociosanitaria a persoas dependentes. Este curso, que conta con un investimento total 288.807 euros que será financiado polo Goberno autonómico, xerará 20 prazas para alumnos e alumnas e 8 prazas máis para persoal docente. Está iniciativa, solicitada formalmente o pasado 22 de xuño por parte do alcalde, o independente Ricardo Sánchez, enmárcase dentro da política social que promove o Goberno local e ten dous obxectivos: fomentar o emprego local, mellorar a atención as persoas dependentes do municipio de Miño.

Deste xeito O Concello de Miño contará coa súa terceira edición deste obradoiro. A valoración por parte do alumno dos pasados cursos é moi positiva. Así mesmo o Goberno local valora de forma extraordinaria este taller pola funcionalidade que ten para a sociedade miñense este tipo de especialidade que conta cun alto porcentaxe de inserción laboral debido a importante demanda deste tipo de servizos no municipio.

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, mostrouse esta mañá satisfeito por que esta demanda da Alcaldía fora finalmente abordada polo Goberno autonómico. « Como nas pasadas edicións, esta formación dual vainos permitir aportar recursos humanos importantísimos para combater unha situación social que co envellecemento da poboación de Miño cada vez é máis prioritaria nas nosas políticas sociais», sinalou o rexedor.

Anterior Siguiente