Miño, 9 de xullo de 2018-. O Concello de Miño abre o prazo para solicitar as axudas de aluguer de vivenda. O obxectivo desta iniciativa é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento aos sectores de poboación con escasos medios económicos, en situación de dificultade ou vulnerabilidad social. As axudas aportaranse de forma directa ás persoas inquilinas. Segundo sinalan as bases deste programa social que ten fianciamento da Xunta, poderán beneficiarse destas axudas as persoas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de arrendatario, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, e formalizado nos termos da Lei 29/1994 de arrendamentos urbanos.
Aa condicions fundamentais para beneficiarse desta son que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual, que a renda mensual da vivenda non supere os importe de 300 euros. Ademais será necesario que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial.
A contía da axuda ao alugamento de vivenda, será do 40 % da renda mensual que se deba satisfacer polo aluguer. Non obstante, para as persoas beneficiarias que na data de presentación da solicitude teñan máis de 65 anos, esta axuda será do 50 % da renda mensual. Asi mesmo este importe determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso poida ser aumentada, aínda que a citada renda se incremente ao longo da duración do contrato. O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo de xullo. As persoas imteresadas poderám obter mías información a través da Concellería de Benestar do Concello de Miño.