• O Goberno local insta aos socialistas a que apoien as iniciativas municipais que benefician aos veciños e veciñas de Miño por riba dos intereses individuais e partidistas
Miño, 17 de xaneiro de 2019-. O Goberno local censura o boicot institucional levada a
cabo polo grupo municipal socialista de Miño. Ao longo dos últimos meses o PSOE de Miño
opúxose, o cando menos abstívose, a aprobación de diferentes iniciativas propostas polo
grupo de goberno. Entre estas iniciativas están tramitar a solicitude ante o Goberno de
España da condonación da débeda pola expropiacións de Fadesa, axilizar a cesión da
estrada da costa por parte da Deputación provincial para instaurar un servizo de
regulación do aparcamento na praia Grande que revertería máis de 150.000 euros anuais
as arcas municipais, ou a firma do convenio coa Xunta de Galicia para apertura do
centro de día da Carraira, iniciativa esta última para a que os socialistas de Miño
tampouco prestaron o seu voto.
O Goberno local considera especialmente significativo este caso, xa que onte nunha
visita de corte electoral a Miño do secretario xeral socialista o partido instou a Xunta a
apertura do centro de día. Como o portavoz municipal do PSOE e capaz de non apoiar a
firma do convenio na sesión plenaria e logo saír diante das cámaras pedindo a apertura
do centro de día? Como poden pedir a apertura do centro cando saben que esta é dende
a firma do convenio unha realidade xa que a Xunta está neste momento a contratar a
empresa que xestionará o centro?
Ante esta actitude o Goberno local censura a falta de lealdade institucional e esixe o
grupo municipal socialista que traballe polo interese dos veciños e veciñas de Miño e non
se mova unicamente por intereses persoais, electoralistas e partidistas.