05 de nov de 2015

Ponse en marcha o programa Xuntos polo Nadal 2015

General

Ponse en marcha o programa Xuntos polo Nadal 2015
Se es maior, e estás só/soa no Nadal, podes pasar estas datas acompañado. Así define o obxectivo que ten o programa de promoción do envellecemento activo e convivencia destinado aos máis lonxevos.
 

O programa Xuntos polo Nadal quere reunir a todas aquelas persoas maiores que vaian pasar as festas do Nadal sen compañía. Propoñen unha infinidade de actividades socioculturais durante once días e contan cun total de 240 prazas por toda Galicia.


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas.


Ofértanse un total de 120 prazas para a Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) dirixidas as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.


Este programa levarase acabo entre o 23 de decembro de 2015 e o 2 de xaneiro de 2016, e comprende os seguintes servizos: Estancia na residencia durante 11 días (10 noites), aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa e actividades de animación sociocultural.


A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneiro despois da comida.


Xuntos polo Nadal 2015

Anterior Siguiente