A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, declarada como tal pola UNESCO no ano 2013, está conformada polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Entre as actuacións do Plan de Xestión da Reserva de Biosfera está a posta en marcha de proxectos ligados á conservación e mellora ambiental dos recursos naturais, así como o desenvolvemento de estratexias fronte ao cambio climático, ademais de traballar na sensibilización e educación ambiental.
Unha das liñas de acción da Reserva, é a reunión con axentes involucrados na xestión e control de especies invasoras, enmarcada dentro da Sensibilización, para o control de especies invasoras.
O día 20 de outubro tivo lugar no Concello de Abegondo a primeira reunión con axentes involucrados na xestión e control de especies invasoras. Así asistiron os Concelleiros e técnicos ambientais dos Concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Culleredo, Miño e Sada, representantes de entidades ambientais como a Fundación Fragas do Mandeo e Grupo Naturalista Habitat, e o Xefe de Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de A Coruña, entre outros.
A apertura deste taller e presentación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, correu a cargo do seu Presidente, José Antonio Santiso Miramontes.