12 de dic de 2017

PROXECTO DE REGULAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE URBANO

General

PROXECTO DE REGULAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE TRANSPORTE URBANO REGULAR PERMANENTE DE VIAXEIRAS/OS POR AUTOBÚS DO CONCELLO DE MIÑO.


O Concello de Miño ten a intención de aprobar un Regulamento do servizo público de transporte regular urbano permanente de viaxeiras/os por autobús do Concello de Miño. Por iso, en cumprimento do artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese o proxecto do dito regulamento á consulta pública e mais á opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados por esta norma.


Dáse un prazo de 10 días hábiles para a presentación das achegas e opinións ao proxecto de regulamento.


Miño, 11 de decembro de 2017


O alcalde


Asdo. Ricardo A.M. Sánchez Oroza


Pódese consultar o regulamento clicando aquí

Anterior Siguiente