Estes días estanse a preparar os corenta paquetes de alimentos para a axuda das persoas máis necesitadas do municipio. Dende o Concello de Miño queremos dar o noso máis sincero agradecemento á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e mais ás persoas e institucións pola súa colaboración no desenvolvemento deste programa.