Normativa:
Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención (DOG nº 04/08/2016).
Finalidade da tarxeta:
Facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.
Titulares:
Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Para máis información e para a súa solicitude poden acudir ao departamento de SS.SS.