28 de dic de 2017

XORNADA SOLIDARIA MULTIDEPORTE

General

GRAZAS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES!

O pasado sábado 23 de decembro o Concello de Miño, dende as concellerías de deportes e servizos sociais levou a cabo a Xornada Solidaria Multideporte que consistiu no desenvolvemento de diversas actividades deportivas de diferentes modalidades: BTT, andaina, fitness, defensa personal e actividades infantís. Esta xornada non sería posible sen a colaboración desinteresada das persoas que voluntariamente organizaron as actividades que compuxeron a mesma.


Agradecer ás asociacións, Miñotauros Clube Ciclista de Miño e ao Karate Club Galega Sport asemade ás entidades Parchís Centro de Ocio Infantil de Miño e ao Supermercado Día de Miño, o seu labor como persoas voluntarias nas actividades levadas a cabo e na organización da propia xornada.


A actividade, cun importante trasfondo social e de solidaridade, foi todo un éxito grazas a que todas as persoas participantes fixeron a doazón de produtos de hixiene personal e de alimentos non perecedoiros que servirán para facer lotes e achegárllelos ás familias que por diversas circunstancias son solicitantes da campaña de alimentos que o Concello de Miño leva a cabo en colaboración co Banco de Alimentos e coa Cruz Vermella.


O Concello de Miño quere manifestar o seu agradecemento a toda a veciñanza polo grande impulso da práctica deportiva e pola solidaridade amosada, sobre todo en datas tan sinaladas como son as do Nadal.


 
Anterior Siguiente