23 de mar de 2016

Xuntanza informativa coas asociacións

General

Con motivo da posta en marcha do novo período de financiamento europeo 2014-2020 para o Desenvolvemento Rural  dos Estados membros da UE, o Concello de Miño convida a todas as entidades veciñais, sociais,culturais e empresariais  con actividade no concello á xuntanza que se celebrará o día 28 de marzo de 2016, ás 19:30 horas no Local Social da Rúa.


Esta xuntanza ten por obxecto informar e motivar a adhesión dos  actores locais,  para constituír unha asociación sen ánimo de lucro, que posibilite concorrer ao Programa Leader de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Ortegal e Eume.


Así como participar  no proceso preparatorio do novo Grupo de Desenvolvemento Rural e na elaboración dos criterios e prioridades da Estratexia de Desenvolvemento Local do noso contorno.

Anterior Siguiente