Ocuparase esta área, en materia de gastos, da xestión orzamentaria do concello, o seguimento e control dos orzamentos y a xestión económica e financeira da Administración. En materia de ingresos, xestionará os recursos económicos do concello, a xestión tributaria e de recadación, a política fiscal, a preparación de ordenanzas fiscais e a estatística.
Esta área encárgase da dirección da Policía Local e da coordinación desta co resto das forzas de seguridade (nomeadamente en Miño, coa Garda Civil).
A agrupación local de Protección Civil de Miño naceu o 13 de marzo de 1993 e dende 2016 está composta exclusivamente por voluntarios sen remuneración. Na actualidade conta con 12 efectivos, que atenden a xestión diaria, a atención telefónica 24 horas, os servizos programados e as urxencias de xeito altruísta e na medida das súas posibilidades.
A súa base está na rúa Marismas, s/n, ao carón do Albergue de Peregrinos.
Pode poñerse en contacto a través do correo electrónico ou ben recheando o seguinte formulario.
O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Miño. A finalidade do tratamento é a atención da súa solicitude e manterlle informado das nosas actividades. Pode darse de baixa en calquera rmomento. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, revogación do consentimento e portabilidad se corresponde presencialmente no Concello, na nosa sede electrónica sede electrónica ou en dpd@concellodemino.gal. Para máis información, consulte nosa política de privacidade