O concello celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente participando na iniciativa Unha árbore por Europa, na que o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente plantaron tres magnolios no parque da Rúa.
Estas tres árbores súmanse aos 248 exemplares xa plantados no que vai de lexislatura na Fraga do Xarío e na Senda dos Sentidos (en ambos os casos, especies autóctonas).
Doutra banda, tamén se celebrou o 5 de xuño coa estrea do vídeo que mostra a natureza da Fraga do Xarío, que se pode gozar nesta ligazón: