O concello dedica o día da muller 2023 a María Vázquez, mestra de nenas de Miño entre 1929 e 1936, que deixou tan profunda pegada nas súas alumnas que lembraron os seus ensinos durante toda a súa vida, e transmitíronllas ás súas fillas e fillos.
En 2021 iniciouse un proxecto para rescatar o seu legado, que se pode ver nesta ligazón:
Ademais confeccionouse unha guía didáctica que acompaña aos vídeos, e que se pode descargar nos adxuntos a esta publicación.