O Concello de Miño conmemora o 8 de marzo un ano máis. No 2021, xa eu por mor da pandemia non proceden as convocatoria públicas, faise coa publicación do Plan de Igualdade 2021-2025 recentemente aprobado e do libro EnCaMiño sementamos igualdade.
Ambas publicacións son ferramentas que servirán para que Miño avance no cumprimento da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e chegarán aos establecementos públicos, centros de ensino, asociacións de veciños e deportivas, biblioteca, centro de saúde, cuartel da Garda Civil e Policía Local, ademais de estar ao dispor da cidadanía que estea interesada.