Celebración dunha nova xornada da Administración Preto de Ti en Miño o próximo 13 de xaneiro ás 11:00 h, no auditorio do Centro Social da Rúa.
A actuación consiste no desprazamento de funcionarios desta Subdelegación do Goberno, que darán unha charla informativa sobre este Plan de achegamento da Administración, e sobre as posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica.
Unha vez finalizada a charla ofrecerase aos asistentes a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico, en concreto o certificado que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto das Administracións Públicas
Á sesión asistirá tamén un representante da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que fará unha exposición das seguintes materias:
1.- Información xeral básica administrativa sobre o tipo de trámites que poden realizarse na TGSS.
2.- Información sobre as canles de atención ao cidadán na TGSS (presencial, telefónico, telemático e atención por medio de Vídeo-atención en determinados casos).
3.- Información e apoio técnico sobre as formas de identificación #ante a Seguridade Social (identificación electrónica, vía SMS, selfie, OTP, datos biométricos).
4.- Difundir o uso do portal da TGSS IMPORTASS e os servizos que ofrece. Descarga e uso da APP.
5.- Facilitar material divulgativo e promover accións de divulgación …
Expediranse un máximo de 25 certificados electrónicos, polo que é precisa inscrición previa no teléfono 981782006