A Deputación da Coruña deu onte a coñecer a repartición de 572 millóns de euros entre os 93 concellos da provincia, e dos que 11.5 millóns se adxudicarán ás arcas dos concellos da área metropolitana da capital da provincia. Trátase do Plan de Obras e Servizos, cunha partida global de 24.2 millóns de euros, e do Plan de Acción Social, de nova creación e de algo máis de 33 millóns para repartir.
O PAS, que foi aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos da Corporación provincial, distribuirá estes 33 millóns de euros empregando os mesmos criterios equitativos de reparto que o POS vén empregando dende os anos 80. A cantidade asignada a cada concello calculouse aplicando as variables ponderadas de cota fixa (10%), esforzo fiscal (5%), número de parroquias do concello (15%), poboación (rural no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes- 35%) e superficie (35%). O Concello de Miño recibiu do Plan de Acción Social 244.062 euros para o 2016
O Pleno aprobou tamén o POS 2016, dotado con 24,2 millóns euros, e que este ano incorpora como novidade a posibilidade de que cada concello destine ata o 50% do importe asignado a gasto corrente, en lugar do 40% que se reservaba en anos anteriores. O outro 50% destinarase obrigatoriamente á realización de obras ou subministracións precisas para a efectiva prestación dos servizos. Neste caso Miño recibirá 178.979 euros