28 de mar de 2016

Adxudicación de instalacións de tempada nas praias e nova licitación para o posto número 1 da Praia da Ribeira de Miño

Xeral

Pola Resolución da Alcaldía núm. 214/2016 do 18/03/2016 adxudicáronse os postos para as instalacións de quioscos para a venda de refrescos, aperitivos e xeados, así como de postos de aluguer de hidropedais e táboas de paddle-surf nas praias do termo municipal.


Na citada resolución convócase, ademais, unha nova licitación para o posto número 1 da Praia da Ribeira de Miño, segundo as bases establecidas na Resolución de Alcaldía de data do 26/01/2016, concedendo un prazo de 15 días naturais, contados a partir da publicación da presente resolución no taboleiro de edictos do Concello de Miño, para presentar tanto as solicitudes como as poxas.


O citado prazo de quince días naturais comeza hoxe, 28 de marzo de 2016.


Decreto completo: decreto_adxudicacion_chiringuitos

Anterior Seguinte