02 de out de 2024

BOLSAS DE COMEDOR CURSO 2024-2025 SEGUNDA CONVOCATORIA

Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia

Educación Cultura Comunicación Participación Cidadá Transparencia

Ante o aumento da demanda en cursos anteriores, este ano o concello incrementara a dotación económica das bolsas de comedor en 7.000 €, pero na primeira convocatoria de maio de 2024 quedou diñeiro sen asignar, principalmente pola falta de contestación aos requirimentos de documentación.

Por este motivo e co obxecto de facilitar a conciliación das familias de Miño, realízase unha segunda convocatoria, publicada hoxe no BOP.

O prazo de inscrición (5 días) comeza mañá xoves 3 de outubro.

 

*texto íntegro da publicación do BOP coas bases e follas de inscrición no adxunto a esta publicación

Adxuntos

Anterior Seguinte