ENCONTRO LITERARIO
POLDRA - Literatura Expandida
Bertol Arrieta
La novela gráfica: el arte de la elipsis
Xoves 28 de novembro de 2024
Biblioteca Municipal Concepción Arenal. Centro Social A Rúa.
19:00h
O vindeiro xoves terá lugar unha sesión de POLDRA - Literatura Expandida. Trátase dun ciclo organizado pola Diputación da Coruña, e comisariado por Yolanda Castaño, co que promover a obra de autores que desempeñan a súa arte noutras linguas ou, mesmo, teñen orixe internacional.
O escritor en lingua éuscara, Bertol Arrieta, será o protagonista deste encontro cunha conversa arredor dun xénero en alza como é a novela gráfica, no que compartirá o proceso de creación da súa obra "En la parte más alta de las nubes" e analizará as diferenzas entre escribir narrativa e guións de banda deseñada.
Bertol é ademáis residente do mes de novembro na Residencia Literaria 1863 grazas a un acordo de colaboración co Etxepare Euskal Institutua.
Sen dúbida, un acto de maismoi interesante e que pon en valor o traballo que desde Miño se está a elaborar para que a nosa localidade sexa un berce de cultura arredor das letras.